Galicia Agora un proxecto da Fundación Galicia Sustentable

Fontes e licenzas

Todas as capas proceden de fontes abertas cunha licenza comprobada. Cada capa nomea o operador orixinal, a licenza e a atribución que pide.

Publicamos dúas coleccións. A base de datos derivada vai baixo ODbL 1.0. As capas da Xunta con dúas declaracións de licenza contraditorias van á parte, baixo CC BY-SA 4.0, a máis restritiva das dúas, ata que a Xunta confirme outra cousa.

Informe completo de verificación das fontes · docs/licences.md

Calidade do aire

Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia / Consellería de Medio Ambiente (Xunta de Galicia)
Fonte orixinal
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/caire/jsonICAActual.action
Licenza
CC-BY-SA-4.0

Dobre licenza: abertos.xunta.gal, conxunto 0055 (CC BY-SA 4.0), e aviso legal de MeteoGalicia (atribución, https://www.meteogalicia.gal/web/aviso-legal). Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.

Licenza verificada o 2026-10-18
Atribución
Datos: Rede de Calidade do Aire de Galicia, MeteoGalicia (Xunta de Galicia). Datos provisionais, non validados.
Frecuencia declarada
PT1H · PT1H
Privacidade e notas
Sen datos persoais: índice de calidade do aire (ICA) por estación de medida. Datos provisionais en tempo real, sen validar polo operador (flag «T»); poden cambiar despois. Estacións sen dato publícanse con ica nulo e categoría «Sen datos».

Concellos e parroquias

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia)
Fonte orixinal
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/LimitesAdministrativos/LimitesAdministrativos/MapServer
Licenza
CC-BY-SA-4.0
«licenza de uso compatible con CC- BY 4.0 INT.»

Dobre licenza (ADR 0005): o IET declara «compatible con CC BY 4.0» e o mesmo conxunto figura en abertos.xunta.gal baixo CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita do IET/Amtega. Xeometría xeneralizada no servidor con maxAllowableOffset = 0,0005° (≈ 50 m) e coordenadas a 5 decimais: válida para visualización, non para usos catastrais nin legais. Concellos: subcapa 12; parroquias: subcapa 18 (3.785). A data de publicación é o mes de edición que o IET indica no nome da capa («Parroquias (Febreiro 2026)»), día 1.

Licenza verificada o 2026-10-18
Atribución
© Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidade e notas
Límites administrativos e toponimia oficial; ningún dato persoal.

Espazos naturais protexidos de Galicia

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia (Instituto de Estudos do Territorio / IDEG)
Fonte orixinal
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/LugaresProtexidos/EN_EspazosProtexidos/MapServer
Licenza
CC-BY-SA-4.0

Dobre licenza (ADR 0005): IET «compatible con CC BY 4.0» / abertos.xunta.gal CC BY-SA 4.0; aplícase a máis restritiva ata confirmación escrita. Figuras da Rede Galega de Espazos Protexidos fóra de Rede Natura (subcapas 1–6 de EN_EspazosProtexidos): parque nacional, parques naturais, humidais protexidos, ZEPVN, monumentos naturais e paisaxes protexidas. Moitas sobrepóñense a espazos Natura 2000 (capa rede-natura). Xeometría xeneralizada no servidor con maxAllowableOffset = 0,0001° (≈ 10 m) e coordenadas a 5 decimais. Nomes tal como os publica o IET.

Licenza verificada o 2026-10-18
Atribución
© Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia
Frecuencia declarada
static · static
Privacidade e notas
Límites de espazos protexidos; ningún dato persoal.

Estacións meteorolóxicas

Tempo e aire Colección CC BY-SA 4.0

Operador
MeteoGalicia (Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia)
Fonte orixinal
https://servizos.meteogalicia.gal/mgrss/observacion/ultimos10minEstacionsMeteo.action
Licenza
CC-BY-SA-4.0
«utilizada libremente… co único compromiso de mencionar expresamente a MeteoGalicia»

Dobre licenza: aviso legal de MeteoGalicia (atribución) e abertos.xunta.gal, conxunto 0114 (CC BY-SA 4.0). Aplícase a máis restritiva (ADR 0005) ata confirmación por escrito.

Licenza verificada o 2026-10-18
Atribución
Datos: MeteoGalicia (Xunta de Galicia)
Frecuencia declarada
PT10M · PT10M
Privacidade e notas
Sen datos persoais: lecturas de estacións meteorolóxicas públicas. Só valores con código de validación 1; os demais códigos (non documentados) consérvanse marcados en <campo>_cod e os baleiros (-9999, código 9) descártanse. Descártanse as estacións cunha lectura máis de 60 min anterior á máis recente da resposta.

Focos de calor detectados por satélite

Lume e monte Base ODbL

Operador
NASA LANCE FIRMS (NASA/GSFC/ESDIS)
Fonte orixinal
https://firms.modaps.eosdis.nasa.gov/api/area/
Licenza
CC0-1.0
«data provided from a NASA-led mission are licensed as Creative Commons Zero»

CC0 para misións da NASA; cita moi recomendada. NOAA-20 e NOAA-21 son misións NOAA: licenza específica non verificada.

Licenza verificada o 2026-10-18
Atribución
NASA LANCE FIRMS (NASA/GSFC/ESDIS)
Frecuencia declarada
PT3H
Privacidade e notas
Sen datos persoais. Unha detección de calor non é un incendio forestal confirmado: pode ser unha industria, unha queima agrícola ou outra fonte de calor. / Sin datos personales. Una detección de calor no es un incendio forestal confirmado: puede ser una industria, una quema agrícola u otra fuente de calor.

Bens de interese cultural (BIC)

Territorio Colección CC BY-SA 4.0

Operador
Xunta de Galicia — Plan Básico Autonómico (PBA)
Fonte orixinal
https://ideg.xunta.gal/servizos/rest/services/PBA/Afeccions_PatrimonioCultural/MapServer/2
Licenza
CC-BY-SA-4.0

Dobre declaración da Xunta: CC BY-SA 4.0 en abertos.xunta.gal e «compatible con CC BY 4.0» no IET/IDEG. Aplícase a máis restritiva (ADR 0005). É a capa urbanística de afeccións do PBA (BIC. Elementos, xuño 2026), non o rexistro legal de bens da Consellería de Cultura.

Licenza verificada o 2026-10-18
Atribución
Xunta de Galicia. Plan Básico Autonómico (PBA), afeccións do patrimonio cultural
Frecuencia declarada
static · static
Privacidade e notas
Sen datos persoais. Regra de sensibilidade: os xacementos arqueolóxicos non se sitúan con precisión, para non facilitar o expolio. Se INTERESE é «ARQ», se CATEGORIA contén «arqueolóxico/a» ou se XENERICO é «Arte rupestre» ou «Castro», as coordenadas redondéanse a 2 decimais (~1 km) e a entidade leva localizacion_xeneralizada: true. O resto de BIC conserva 5 decimais.

Áreas queimadas (tempada actual)

Lume e monte Base ODbL

Operador
Copernicus EFFIS (Comisión Europea, JRC)
Fonte orixinal
https://maps.effis.emergency.copernicus.eu/effis?service=WFS&request=GetFeature&version=2.0.0&typeNames=ms:modis.ba.poly.season&outputFormat=geojson&bbox=41.8,-9.35,43.8,-6.7,urn:ogc:def:crs:EPSG::4326
Licenza
CC-BY-4.0

CC BY 4.0, © Unión Europea. Logos excluídos. O servizo WFS está etiquetado como «Test Service». As cifras de contexto da Xunta veñen do aviso legal de Medio Rural (reutilización con cita).

Licenza verificada o 2026-10-18
Atribución
© Unión Europea, Copernicus EFFIS (JRC)
Frecuencia declarada
P1D
Privacidade e notas
Sen datos persoais. Perímetros de áreas queimadas cartografadas por satélite (MODIS); non identifican persoas nin propiedades. / Sin datos personales. Perímetros de áreas quemadas cartografiadas por satélite (MODIS); no identifican personas ni propiedades.

Rede Natura 2000

Territorio Base ODbL

Operador
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (Banco de Datos de la Naturaleza)
Fonte orixinal
https://geoserver.iepnb.es/geoserver/RN2000/ows
Licenza
https://www.miteco.gob.es/es/atencion-al-ciudadano/aviso-legal.html
«puede ser utilizada… siempre que se cite la fuente»

Aviso legal do MITECO: reutilización citando a fonte. WFS do IEPNB, última edición con ano no nome da capa (hoxe RN2000:rn2000_2024; a descarga oficial n2000_2025 aínda non está no WFS). Filtro no servidor ids_ccaa_filtro LIKE '%11%' (76 espazos, comprobado o 18/10/2026) e revisión no adaptador. Inclúe espazos mariños compartidos coa AGE (11,90) e con Asturias (11,12), algúns lonxe da costa (Banco de Galicia). Sen listas de especies nin hábitats; coordenadas redondeadas a 5 decimais (≈ 21 MB en GeoJSON, convén PMTiles). O respaldo oficial do geoserver do IEPNB para reutilización non está verificado.

Licenza verificada o 2026-10-18
Atribución
Fuente: MITECO, Banco de Datos de la Naturaleza
Frecuencia declarada
P365D · static
Privacidade e notas
Límites de espazos protexidos; ningún dato persoal.

Trens en circulación

Mobilidade Base ODbL

Operador
Renfe Operadora
Fonte orixinal
https://gtfsrt.renfe.com/vehicle_positions_LD.json
Licenza
CC-BY-4.0
«para fines comerciales y no comerciales»

GTFS-RT de posicións: AV/LD/MD (vehicle_positions_LD.json) e Cercanías (vehicle_positions.json, que inclúe a rede de Ferrol).

Licenza verificada o 2026-10-18
Atribución
Origen de los datos: Renfe Operadora
Frecuencia declarada
PT15M
Privacidade e notas
Só posicións de trens de servizo público; ningún dato persoal. As posicións chegan coa demora propia da fonte: Renfe publícaas con ata 15 minutos de atraso. Non engadimos atraso propio; o aviso de 15 min describe o atraso da fonte.

OpenStreetMap

Mapa base: © colaboradores de OpenStreetMap (ODbL), xerado con Protomaps. Tipografía dos rótulos: Noto Sans (SIL OFL).